130 efectivos municipais atenderon a saída desde Vigo da terceira etapa da Volta Ciclista a España
O alcalde explicou este luns o dispositivo despregado polo goberno local para hoxe luns, día no que Vigo acolleu a saída da terceira etapa da Volta Ciclista a España. 57 axentes da Policía Local, 36 voluntarios e 28 efectivos de Protección Civil, máis o persoal de Limpeza, conformaron o operativo municipal para hoxe.
Abel Caballero deu conta este luns da mobilización municipal para o desenvolvemento da terceira etapa da Volta Ciclista a España, con saída en Vigo, un dispositivo conformado por unhas 130 persoas e 53 vehículos.
A Policía Local dispuxo a 57 axentes, 18 coches e 35 motos para garantir a seguridade e o normal transcorrer da etapa; o goberno local mobilizou ademais a 36 voluntarios hoxe e Protección Civil traballou con 28 persoas para este luns. En total, contando co operativo para o día de onte, cando a Volta atravesou a cidade, o Concello de Vigo despregou a case 270 persoas nas dúas xornadas.
Descargar todas as imaxes