O Concello adica outros 350.000 euros ao Castro e totaliza un investimento de 2,5 millóns desde 2007
O alcalde visitou este venres as reformas realizadas no Castro, 350.000 euros de investimento municipal que se engaden aos 540.000 euros do anterior mandato e, sumando a recuperación e musealización do poboado castrexo, acada unha cifra total próxima aos 2,5 millóns adicados ao Castro nos últimos seis anos.
Abel Caballero explicou durante a visita que "acabamos de rematar unha gran readaptación de toda a estrutura, de todo o parque do Castro", recibindo por isto "moitos parabéns", segundo apuntou, por parte da cidadanía.
O Concello adicou 350.000 euros para melloras no axardinamento e nos estanques, para reparar e pintar o firme e a pista de seguridade viaria, para recuperar o entorno das áncoras, remodelar o da fonte de Marqués de Alcedo, crear canalizacións e recuparar camiños, repoñer barandas, recuperar a pista deportiva e a súa contorna, instalar novo mobiliario urbano, mellorar o rego, iluminar as esculturas e repoñer prantas e arbustos.
Caballero explicou que na última etapa do anterior mandato tamén se investiu 540.000 euros no Castro, ao que se engade a recuperación e musealización do poboado castrexo, o que totaliza un orzamento próximo aos 2,5 millóns de euros neste monte desde 2007. "Queremos recuperar O Castro para a cidade", concluíu o rexedor.
Descargar todas as imaxes