O Concello adica outros 350.000 euros ao Castro e totaliza un investimento de 2,5 millóns desde 2007
O alcalde visitou este venres as reformas realizadas no Castro, 350.000 euros de investimento municipal que se engaden aos 540.000 euros do anterior mandato e, sumando a recuperación e musealización do poboado castrexo, acada unha cifra total próxima aos 2,5 millóns adicados ao Castro nos últimos seis anos.