Escoitar

Orde do día da Xunta de Goberno Local

xoves, 29 ago 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 30 DE AGOSTO DE 2013.

1.- Acta da sesións extraordinarias e urxentes do 8 de agosto de 2013.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta das seguintes Sentenzas e Autos:

a) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 352/2012 P.A. Demandante: Mª JESÚS GONZÁLEZ CASTRO. Obxecto: Resolución 5.12.2012 reclamación patrimonial danos en vehículo na r/ Pino "en obras" ("EIRIÑA SL") Expte.: 3507/243. Estimado o recurso.

b) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 10/2013 P.A. Demandante: D. ROSA Mª DACOSTA ÁLVAREZ. Obxecto: Resolución do 16/10/2012 reclamación patrimonial danos en vivenda por filtracións de auga (obras na beirarrúa). Expte.: 3513/243. Desestimado o recurso.

c) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 130/2013 p.a. Demandante: D. Mª JOSÉ GONZÁLEZ GÓMEZ. Obxecto: Resolución do 21/02/2013 reclamación patrimonial caída en Samil o 20/03/2012. Expte.: 3691/243.Desestimado o recurso.

d) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 394/2012 p.a. Demandante: D. EMILIO PASARÓN SUÁREZ. Obxecto: Desestimación presunta (e expresa serodia do 11/01/2013: E.P. con imputación á concesionaria). Expte.: 3448/243. Rematado o procedemento.

e) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 94/2013 P.A. Demandante: D. Fernando Barreiro Varela e MAPFRE. Obxecto: Resolución do 14/02/2013 reclamación patrimonial e caída o 21/02/2012 na R. Coruña, paso de peóns, mancha de aceite. Expte.: 3654/243. Desestimado o recurso.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 72/2013 P.A. Demandante: D. MANUEL GARCÍA CARBALLO E OUTRA PERSOA. Obxecto: Resolución do 17/04/2013 reclamación patrimonial filtración de auga Avda. das Camelias 77. Expte.: 3783/243. Desestimado o recurso.

g) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 127/2013 p.a. Demandante: D. ANTÓN DANIEL BEIRAS CAL. Obxecto: Resolución de expediente sancionador de tráfico. Expte.: 138610344. Desestimado o recurso.

h) Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 98/2013 P.A. Demandante: "AVRO 540, S.L." Obxecto: Desestimación presunta (e expresa serodia do 31/05/2013) reclamación patrimonial inundación no nº 28 da R. Ecuador o 26/10/2009. Expte.: 2934/243. Rematado o procedemento.

k) Sentenza no Recurso de apelación nº 4149/2013. Demandante: "ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36" contra Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo en relación con desestimación presunta da petición (retirada simboloxía franquista). Desestimada a apelación.

l) Auto do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 126/2013 P.A. Demandante: D. HÉCTOR MONTORO SOUTO. Obxecto: reclamación patrimonial danos en vehículo o 06/09/2008. Expte.: 2523/243. Rematado o procedemento.

m) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 132/2013 P.A. Demandante: D. JAIME ESCRIBANO DÍAZ. Obxecto: Resolución do 01/03/2013. Reclamación patrimonial accidente de moto o 05/09/2010 (mancha de aceite). Expte.: 3402/243. Desestimado o recurso.

n) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 120/2013 p.a. Demandante: D. EMILIO COSTAS FERNÁNDEz. Obxecto: Resolución do 13/02/2013. Reclamación patrimonial accidente de moto o 07/03/2011, R. Tomás Paredes, (rexistro de UNI2). Expte.: 3422/243. Desestimado o recurso.

o) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 129/2010 P.O. Demandante: D. J. M. COSTAS LAGO E 3 PERSOAS MAIS. Obxecto: Resolución do 06/10/2010 reclamación patrimonial (molestias no nº 362 da Avda. de Santa Mariña, Cabral). Expte.: 6064/306 (7133/421 e 5848/1963 e 7211/422/90). Desestimado recurso.

p) Sentenza do Xulgado do Social nº 2 de Vigo (reforzo) Despedimento nº 10/2013. Demandante: Dª NATALIA BARREIRO FIDALGO. Obxecto: Bolsas de prácticas nas oficinas de información de TURISMO. Estimada parcialmente.
q) Decreto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 145/2013 P.A. Demandante: Dª EUFRASIA LUCAS ESCANDÓN. Obxecto: XGL 05/04/2013: desestimatoria. Expte.: Xubilación Parcial. 23712/220. Desestimento da demandante.

r) Sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Vigo (reforzo) Conflicto Colectivo nº 28/2013.Demandante: D. JUAN C. DOVIGO PRIETO E CXT. Obxecto: MSCT (retribucións, sistema de traballo e rendemento). Expte.: SERVIZO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR, contrato administrativo de servizos (expediente 59058/301). Adxudicado a CLECE, S.A. (XGL 13/07/2012). Estimada parcialmente a demanda.


BENESTAR SOCIAL
3.- Outorgamento de subvencións a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades da Área dos Servizos Sociais ano 2013. Expte. 80212//301.

4.- Indemnización substituviva por importe de 225.001,12 € a favor de CLECE S.A. pola prestación dos servizos de axuda no fogar durante o mes de xuño de 2013. Expte. 87603/301.

CONTRATACIÓN
5.- Clasificación de ofertas para a contratación do arrendamento, conservación e limpeza do equipamento de uniformidade de intervención para o Servizo de Bombeiros. Expte. 893/440.


CULTURA, FESTAS E MUSEOS
6.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo da Área de Cultura, Festas e Museos durante o mes de xullo. Expte. 282/330.

EMPREGO
7.- Proposta de revogación das autorizacións de uso dos locais A, B e D no "Viveiro de Asociacións San Francisco". Expte. 6252/320.

8.- Solicitude de cualificación como ILE (Iniciativa Local de Emprego) da empresa FIABLONE S.L. Expte. 10286/77.

9.- Contratación do persoal no Programa de inserción laboral "Vigo Emprega" 2013. Expte. 10259/77.


FOMENTO
10.- Proxecto modificado nº 1 das obras de reparación e mantemento do entorno da Igrexa de Zamáns, sen importe adicional. Expte. 1982/440.

11.- Autorización para acopio temporal de terras procedentes da excavación da nova estación Vigo-Urzáiz. Expte. 166/403.


MONTES, PARQUES E XARDINS
12.- Expediente para a contratación por procedemento aberto da subministración e instalación de bancos para zonas verdes do Concello de Vigo. Expte. 6927/446.


PATRIMONIO
13.- Indemnización substitutiva por importe de 762.662,64 € a favor de Limpezas de Noroeste S.A. pola limpeza das dependencias do Concello de Vigo durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio de 2013. Expte. 201/242.

14.- Proposta de autorización da prórroga do contrato de mediación de seguros privados do Concello de vigo, concertado coa sociedade B.V.C. Artai, Correduría de Seguros S.A. Expte. 18701/240.

RECURSOS HUMANOS
15.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios de servizos de gran gala con motivo dos actos do "Pregón e a procesión do Cristo da Victoria 2013". Expte. 24341/220.

16.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección correspondente ao mes de xullo 2013. Expte. 24349/220.

17.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios de servizos de Gran Gala con motivo dos actos do "Día de Galicia 2013". Expte. 24323/220.

18.- Axudas do Fondo de Acción Social por reclamacións extraordinarias 2013. Expte. 24324/220.

19.- Rogos e preguntas.




DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 30 de agosto de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 28 de agosto de 2013.
me.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.