Escoitar

Relatorio de Marité Puga sobre violencia de xénero na Casa Galega Cultura

A Concellería de Igualdade convoca á conferencia que a Doutora María Teresa Puga impartirá o mércores ás 18,00h na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, nº 2 Vigo). A Doutora Puga, Directora Xeral de Violencia Familiar do Ministerio de Familia de Córdoba, é tamén fundadora e coordinadora da ONG FUDAPE, Fundación "Mujer, Paz y Desarrollo", e ocupou numerosos cargos nos parlamentos da provincia de Córdoba e da lexislatura da nación Arxentina.

martes, 1 out 2013
1380630984puga.jpg
Marité Puga, como é popularmente coñecida, sempre tivo un gran sentido do servizo público e preocupación polos problemas sociais, que puido realizar a través da súa extensa e recoñecida carreira profesional como especialista na saúde da muller (xinecoloxía), o traballo voluntario a favor especialmente das mulleres máis desfavorecidas e o traballo político no que é unha autentica referencia en materia de discapacidades e violencia de xénero.

Este mércores temos a oportunidade de escoitala explicando o novedoso método que utiliza a fundación arxentina FUDAPE contra a violencia de xénero.
Descargar todas as imaxes

Máis información