martes, 1 outubro 2013

Presentación festival VertixeVIGO'13

martes, 1 out 2013

Hoxe martes 1 de outubro presentouse a primeira edición do festival VertixeVIGO'13, organizado por Musicadhoy S.L., Vértixe Sonora e o Instituto Galego de Sonoloxía; o festival, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, inaugurarase mañá mércores día 2, ás 20:00 h, no espazo Sirvent (r/ Gran Vía, 129 ) e estenderase ata o 30 de novembro.

Relatorio de Marité Puga sobre violencia de xénero na Casa Galega Cultura

martes, 1 out 2013

A Concellería de Igualdade convoca á conferencia que a Doutora María Teresa Puga impartirá o mércores ás 18,00h na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, nº 2 Vigo). A Doutora Puga, Directora Xeral de Violencia Familiar do Ministerio de Familia de Córdoba, é tamén fundadora e coordinadora da ONG FUDAPE, Fundación "Mujer, Paz y Desarrollo", e ocupou numerosos cargos nos parlamentos da provincia de Córdoba e da lexislatura da nación Arxentina.