Medioambiente
O Concello realiza unha terapia asistida con cadelas en dez asociacións sociais
xoves, 28 feb 2013O alcalde mantivo hoxe xoves unha reunión coas dez asociacións beneficiarias en 2013 deste programa do Plan Saúde, un proxecto levado adiante por profesionais que emprega a cadelas como terapia para persoas, por exemplo, con alzheimer ou hiperactividade.
Vigo convértese na primeira cidade galega que prohibe a instalación de circos con animais
venres, 22 feb 2013O alcalde de Vigo anunciou que a partir de hoxe venres non se instalarán na cidade circos con animais. Así o decidiu a Xunta de Goberno Local, atendendo sobre todo a criterios de defensa dos animais aínda que hai outros motivos, como o sanitario.
Caballero traslada ao Parlamento Europeo os avances medioambientais de Vigo nos últimos anos
martes, 12 feb 2013Abel Caballero detallou diante dos representantes do Parlamento Euroeo que veñen evaluar a calidade mediambiental da ría de Vigo os avances experimentados nesta cidade desde hai seis anos. Á posta en marcha da construcción da depuradora, engadiu os traballos de recuperación das dunas nas praias e as 350 rúas que se humanizaron durante este tempo.
O rexedor visitou no Zoo aos nenos que participan nas actividades infantís organizadas polo Entroido
martes, 12 feb 2013Abel Caballero achegouse hoxe martes ao Zoo de Vigo para coñecer as actividades que a Concellería de Medio Ambiente organiza para o público infantil. Ao redor de 50 nenos e nenas disfrutan estes días de diversos obradoiros lúdicos nas instalacións municipais de A Madroa.
O alcalde anima aos colexios de Vigo a participar en actividades divulgativas sobre os humedais
luns, 4 feb 2013Abel Caballero e Chus Lago compartiron hoxe luns unha actividade divulgativa na zona húmida de A Bouza cun centenar de estudantes de 6º de primaria. Durante a visita, o alcalde enmarcou esta experiencia dentro dos traballos de recuperación e mantemento dos sete humedais cos que conta Vigo.
O Concello autoriza a instalación de 11 kioscos de tempada para este verán nos arenais vigueses
venres, 1 feb 2013A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe venres o plan de ocupación, instalación e explotación de servizos nas prais. En total serán os 11 os kioscos de tempada os que se instalen este verán nos arenais de Vigo.
O Concello celebra o Día Mundial das zonas húmidas cun programa de actividades con escolares
martes, 29 xan 2013A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou os actos previstos o venres 1 de febreiro para celebrar o día mundial das zonas húmidas, así como o acto de inauguración do programa de educación medioambiental Camiño a Camiño.
Caballero, "satisfeito" pola apertura do Centro de Interpreteación do Parque Nacional Illas Atlánticas
mércores, 26 dec 2012O alcalde asistiu este mércores á inauguración oficial do Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas, ubicado no edificio Cambón do Casco Vello. Abel Caballero valorou a apertura de "boa nova" dunha sede visitable de martes a domingo, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
Taller de Nadal sobre elaboración de xabóns naturais
venres, 21 dec 2012Os días 26, 27 e 28 de decembro terá lugar na instalación educativas de Vigozoo un curso taller de elaboración artesanal de xabóns naturais.Os talleres terán unha duración de tres horas, en horario de mañá (de 10:00 a 13:00) ou de tarde (de 16:30 a 19:30), e están destinados a adultos e nenos acompañantes