Escoitar

O Concello incorpora unha ruta desde Oporto no programa medioambiental Camiño a Camiño

O programa medioambiental Camiño a camiño inicia o súa novena edición cunha ruta desde Oporto, unha das novidades da programación que presentou esta mañá de venres a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. Segundo detallou en rolda de prensa, unhas 8.000 persoas participaron nesta iniciativa no 2014. <br />

venres, 30 xan 2015
1422625680caminho.JPG
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou esta mañá de venres a 9ª edición do Camiño a Camiño que nesta ocasión inclúe un percorrido pola Costa Atlántica, desde Oporto a Vigo. Esta ruta, que arranca o 14 de marzo se prolongará durante cinco fins de semana, permitirá aos participantes comprobar o cambio climático e as diferenzas entre praias lusas e galegas, entre outros aspectos mediaombientais. No mes de maio, apuntou a concelleira, volverán as visitas ás Illas Cíes, Sálvora e Ons, con 2.000 prazas.

Respecto dos percorridos por Vigo e bisbarra, abordaranse rutas clásicas entre as que cómpre sinalar os humedais de Vigo, a Ruta da Auga e os sendeiros de Matamá, Saiáns e Candeán, que veñen de ser remarcados e sinalizados polo Concello. A segunda andaina polos montes de Vigo será o 17 de maio.

Segundo explicou Chus Lago, o voluntariado medioambiental en humedais, hortas, no Lagares e nos arenais comezará o próximo 4 de febreiro, así como o de remarcado de sendeiros circulares no contorno da GR53. Pola súa banda, os catro cursos de formación en hortos urbanos empezarán o 28 de febrero, ao mesmo tempo que outros dous cursos de voluntariado medioambiental.


1422625680caminho.JPG
1422625730grafico.png
1422625789folleto1.jpg
1422625802folleto2.jpg
Descargar todas as imaxes