Escoitar

Inscrición de Concursos do Entroido 2015

Conforme ao convenio de colaboración entre Concello de Vigo a Federación de Peñas "El Olivo" e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os seguintes concursos relacionados co Entroido 2015:

venres, 30 xan 2015
- "CONCURSO DE COMPARSAS E CARROZAS". O desfile vai ter lugar o vindeiro 14 de febreiro, sábado ás 18,00 horas entre a rotonda de Isaac Peral (saída) e a Porta do Sol (remate). A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o día 9 de febreiro ás 12:00 horas no auditorio da Casa do Concello.

- "CONCURSO DE DISFRACES":
Categoría individual infantil e grupo infantil conxuntado (até os 13 anos): o día 16 de febreiro, luns entre as 18,00 e as 20,00 horas no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo.

Categoría individual xeral e grupo xeral conxuntado (a partir de 14 anos): o día 17 de febreiro, martes entre as 18,30 e as 20,30 horas no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo.

Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases e máis as solicitudes de inscrición se atopan á súa disposición na oficina de Información do Concello e e nas web municipais (www.vigo.org) e www.vigocultura.org, e que o prazo de presentación será dende o día 26 de xaneiro ata o día 5 de febreiro ás 13:30 horas, ambos inclusive.

As inscripcíóns para o concurso de disfraces realizaranse o mesmo día no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo, entre ás 17:00 horas e as 18:00 horas do día 16 de febreiro, para a categoría individual infantil e grupo infantil conxuntado (até 13 anos) e as 17,30 horas e as 18,30 de día 17 de febreiro para a categoría individual xeral e grupo xeral conxuntado (mais de 14).

Cadro de premios dos concursos do Entroido 2015:

- COMPARSAS
1º premio: 2.500 €
2º premio: 2.000 €
3º premio: 1.500 €
14 accésit (non acumulábeis aos demais premios)
500 € (comparsas a partir de 30 compoñentes)

-DISFRACES
Categoría 1º premio 2º premio 3º premio Accésit

Individual infantil 100 € 75 € 50 € 30 €
(bono regalo)

Individual xeral 100 € 75 € 50 € 30 €

Grupo infantil 200 € 100 € 75 € 30 €
(bono regalo)

Grupo xeral 200 € 100 € 75 € 30 €