Escoitar

O Concello invoca a "maxia" de Cíes para promocionar Vigo en FITUR

O alcalde foi o encargado de presentar a imaxe de Vigo en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se está a celebrar en Madrid. O Concello decantouse polas Illas Cíes como principal recurso turístico da cidade, nunha presentación na que Caballero destacou a "maxia" e a "excepcionalidade" do arquipélago vigués, que aspira a ser declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

venres, 30 xan 2015
1422635447fitur1.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou a delegación municipal desprazada hoxe a Madrid para promocionar a imaxe da primeira cidade de Galicia no marco da Feira Internacional de Turismo, FITUR 2015. Xunto ao alcalde, participaron no evento a tenente de alcalde, Carmela Silva, e os edís de Turismo e Fomento, Cayetano Rodríguez e David Regades, respectivamente.

O rexedor vigués ensalzou as potencialidades turísticas viguesas e, en particular, a "maxia" e a "excepcionalidade" das Illas Cíes, o seu valor paisaxístico e natural e a diversidade de flora e fauna que ofrecen. Caballero reiterou a vontade do goberno local de que o mundo "enteiro" descubra un lugar "extraordinario, ideal para observar a natureza, único, unha especial contribución da natureza a este continente, con flora exclusiva", sen esquecer mencionar Rodas, a "mellor praia do mundo".

Caballero defendeu a candidatura das Cíes para ser declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: "queremos ter ese galardón porque as Illas Cíes son un lugar ecolóxicamente excepcional e extraordinario". O primeiro edil adiantou que "a partir do verán iniciaremos esa andaina, longa e complexa, pero sabemos que superaremos con creces os requisitos que se esixen".

A presentación viguesa en FITUR veu apoiada polo vídeo "Cíes, As Illas de Vigo. As túas illas"

http://youtu.be/LMnAW0JNYt4

1422635447fitur1.jpg
1422635457fitur2.jpg
Descargar todas as imaxes