Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 30 xan 2015
-Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de humanización, a realizar pola empresa Aqualia Gestion Integral Del Agua S A , estará pechada ao tráfico a rúa MESTRE CHANE(BDA) (VIGO), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o luns 02/02/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro meses. Mentre dure o peche, establécese sentido único na rúa Mestre Chané, cara a Pza San Lourenzo

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor dos traballos de mantemento, en horario nocturno, no túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico, EN HORARIO NOCTURNO (22:30 a 05:30 horas), o túnel da rúa BEIRAMAR, dende o luns 02/02/2015 ás 22:30 horas até o venres 06/02/2015 ás 05:30 horas.
Luns 02/02/15 lado terra. Dende o martes 03/02/15 ao xoves 05/02/15 lado mar.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de humanización, a realizar pola empresa Copcisa S.A. , estará pechada ao tráfico a rúa ROLA(SBIDA) (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o martes 03/02/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado de seis semanas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.