xoves, 14 nov 2013
O alcalde visitou hoxe xoves esta instalación, onde traballan a terra 213 persoas das que 27 son discapacitados. Vigo é a única cidade con hortas adaptadas e conta con case 13.000 metros cadrados en seis recintos urbanos municipais para un total de 600 usuarios en activo.
venres, 18 out 2013
O alcalde e os responsables da empresa subscribiron hoxe venres o convenio de colaboración polo que Vegalsa-Eroski achega 15.000 euros para apoiar o programa de sensibilización e educación ambiental "Camiño a Camiño", promovido polo Concello.
Aberta a inscrición para o percorrido pola Lagoa de Mol
mércores, 2 out 2013
A Concellería de Medio Ambiente ven de presentar a programación de Camiño a Camiño para o outono, cunha ampla oferta de percorridos medioambientais, con novas actividades de voluntariado medioambiental e de hortas urbanas e coa habitual oferta formativa.Esta aberta a inscrición no teléfono 010 para o percorrido pola Lagoa de Mol, que se celebrará este domingo.
mércores, 3 xul 2013
O alcalde, Abel Caballero, foi o encargado de izar a bandeira azul da praia de Argazada, un dos nove areais nos que ondea este distintivo de limpeza, accesibilidade, socorrismo e calidade da auga. O Concello dispón este verán de 150 efectivos para garantir a seguridade dos bañistas en dez praias.
mércores, 12 xuñ 2013
Caballero informou este mércores que a vixiancia en dez praias de Vigo se inicia o 15 de xuño con 120 profesionais. O alcalde, quen asinou este mércores un convenio coa Cruz Vermella, salientou que a calidade do dispositivo, a diferencia doutras cidades que recortaron orzamento.
martes, 11 xuñ 2013
Debido ao número de vacantes que aínda quedan para a saída de Ancares para familias , póñense a disposición de todos os públicos as prazas vacantes.Nesta quenda(15-16 xuño) trátase dunha ruta de intensidade media, debido a que irán familias con menores.Podedes chamar ao 010 e 986810260. O prazo para formalizar a inscrición e efectuar o anticipo de 15€ (na Casa da Xuventude) será ata o martes pola tarde.
xoves, 6 xuñ 2013
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, coopera co Instituto de Investigacións mariñas na posta en marcha dunha iniciativa de divulgación científica mañá venres na rúa Príncipe, coincidindo coa celebración o día 8 de xuño do Día Mundial dos Océanos. Esta iniciativa se suma a outras dúas postas en marcha desde o Concello: unha marcha nocturna desde Canido ata Samil percorrendo as praias e un acto con escolares na praia do Vao.
mércores, 5 xuñ 2013
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, participaron este mércores na actividade organizada polo goberno local para conmemorar o Día do Medioambiente. Os escolares dos oito colexios presentes aprenderon sobre os océanos, os sistemas dunares a zona intermareal.
mércores, 29 mai 2013
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este mércores a semana de actividades coa que o goberno local quere conmemorar o 5 e 8 de xuño, os días do Medioambiente e dos Océanos, respectivamente. O sábado ábrese o programa cunha xornada na praia da Fonte.
venres, 24 mai 2013
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) concedeu as nove distincións que solicitou este ano o Concello de Vigo para os seus areais, un número que supera os oito de Cartagena e Barcelona e posiciona a Vigo como a gran cidade española cun maior número de bandeiras azuis.