venres, 7 abr 2017
O certame Vigo Porté acada nesta nova edición a categoría de internacional coa presenza dunha escola de Portugal e contará con 40 centros de danza de Galicia, León e Madrid. A concelleira de Turismo e Festas presentou o programa este venres xunto á directora do mesmo, Lorena López.
luns, 3 abr 2017
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello solicitará que a Reconquista sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Logo de facer unha valoración moi positiva da edición deste ano, insistiu na busca de fórmulas que permitan unha maior participación da xente. <br />
venres, 31 mar 2017
O programa da Festa, que se desenvolve mañá sábado e o domingo, inclúe representacións históricas da expulsión do exército francés por parte da cidadanía viguesa, música e animación na rúa. O Concello pon en marcha un dispositivo especial de reforzo do transporte urbano.
luns, 27 mar 2017
Os actos de celebración comezan este luns coa entrega dos Premios Vigueses Distinguidos e prolónganse ata a fin de semana, cando se desenvolverán as principais actividades festivas. O alcalde convida a toda a cidade a celebrar a data.
luns, 27 feb 2017
O Concello organiza estes días actividades no Auditorio Municipal e no propio consistorio, amais de animación de rúa para os máis pequenos da casa. Mañá martes quéimase o meco na Porta do Sol e haberá verbena coa Orquestra Olympus.
venres, 24 feb 2017
O alcalde ensalzou a calidade de La Edad de Oro del Pop Español e Sidonie, os dous grupos que abrirán o Entroido vigués con sendos concertos na Porta do Sol, ás 21h e ás 23h respectivamente. Este sábado, o desfile de comparsas e carrozas partirá do nó de Isaac Peral ás seis da tarde.
mércores, 15 feb 2017
O alcalde avanzou este mércores os espectáculos cos que dará comezo o Entroido deste ano, un dobre concerto gratuíto o próximo venres, 24 de febreiro, na Porta do Sol con "La Edad de Oro del Pop Español" ás 21h e, ás 23 horas, a actuación do grupo barcelonés Sidonie.
xoves, 5 xan 2017
As Súas Maxestades de Oriente visitaron hoxe o Auditorio Municipal onde saudaron a todas as nenas e nenos, que aproveitaron para lembrarlles as súas peticións. Alí recibiunos o alcalde que dixo terlles contando os nenos de Vigo se portaron moi ben este ano polo que "deben traerlles moitos regalos e xoguetes" e desexoulle á cidadanía que goce da "cabalgata excepcional", que parte ás 18:00 horas do nó de Isaac Peral. Ao remate, Caballero entregaralle a Melchor, Gaspar e Baltasar as chaves da cidade para que poidan entrar nas casas esta noite a deixar os agasallos.
mércores, 4 xan 2017
O alcalde apunta que co festival Vigo quere "manter a tradición" das rondallas, que poñen en valor o folclore tradicional. Organizado e financiado polo Concello coa cooperación da Deputación, comeza este domingo ás 17:00 horas, coa presenza de conxuntos de Vigo, Mos, Porriño, Nigrán e Gondomar.
martes, 3 xan 2017
A Cabalgata de Reis deste xoves contará con 14 carrozas, 8 vehículos, 9 elementos e grupos de animación e comitiva de cabalos e xinetes, baixo a temática "O Mundo Xurásico". Caballero, nunha visita este martes á montaxe das carrozas, revelou que case 500 persoas velarán pola seguridade.