luns, 11 xul 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste luns unha reunión cos responsables da compañía galega e, en declaracións posteriores aos medios, avanzou unha "cooperación moi activa" de Hijos de Rivera no programa de festas elaborado polo Concello para este verán.
venres, 1 xul 2016
Abel Caballero presentou a programación "Vigo en festas 2016" que inclúe actividades para todos os públicos con cinco grandes concertos en Castrelos da, o Festival Illas Cíes, o Festival Folclórico Internacional e actuacións de corais e bandas de música, cunha presenza destacada de grupos vigueses. O rexedor festas excepcionais e invito a toda a cidade a divertisra pasalo ben a e agozar as festas.
luns, 20 xuñ 2016
O alcalde, xunto aos artistas, presentou este luns o novo espectáculo de Álvaro e Suso Costas, MITIC, este domingo, 26 de xuño, ás 20 horas no Auditorio municipal do Concello, con entrada libre. O concerto, cunha quincena de músicos sobre o escenario, sae do rexistro habitual da gaita para ofrecer versións de Frank Sinatra ou Queen, entre outros.
mércores, 15 xuñ 2016
Concluído o prazo de peticións, hoxe mércores o alcalde de Vigo informou de que se teñen recibido vinte solicitudes, cifra que se sitúa na media dos últimos anos. Como é habitual, as cacharelas pasan unha revisión previa por parte dos Bombeiros para garantir a seguridade nunha noite "máxica", en verbas de Caballero.
xoves, 26 mai 2016
Abel Caballero presentou este xoves "La gran ilusión" o espectáculo de maxia que Antonio Díaz, o Mago Pop, representará no Auditorio Mar de Vigo dende o 24 ao 26 de xuño, en cinco pases. Coñecido como unha das estrelas televisivas de Discovery Max, recibiu o Premio Nacional de Maxia e acumula 450.000 espectadores con este.<br />
venres, 29 abr 2016
A quinta edición do concurso, que nace dentro do evento internacional de baile Vigo Porté, foi presentado este venres pola concelleira de turismo e festas, Laura Iglesias, quen destacou a oportunidade que supón para a cidade a recepción dos bailaríns e visitantes que acudirán ao evento, para o que xa non quedan entradas. Desenvólvese mañá no Auditorio Mar de Vigo en sesións de mañá e tarde.
venres, 1 abr 2016
O Casco Vello acolle un ano máis a Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, con actos e actividades que se celebrará o sábado 2 e domingo 3 de abril.<br />
xoves, 31 mar 2016
Os máis pequenos da casa celebraron este xoves a súa particular festa da Reconquista cun desfile polas rúas do Casco Vello, no que participou o alumnado do CEIP Ramón y Cajal, do CPR Niño Jesús de Praga, do Colexio Mercantil, do CEIP Igrexa Candeán, do Colexio Carmelitas e do CEIP Altamar. Para Abel Caballero, a "Reconquistiña", serve para que as nenas e nenos vigueses "aprendan a tradición e gocen da festa", que encherá de actividades a parte vella da cidade durante esta fin de semana con mercado, representacións históricas para rememorar a expulsión dos franceses, música e baile tradicional, espazo infantil e concertos para todos os públicos.
martes, 29 mar 2016
O Concello de Vigo e o Real Club Celta únense na promoción da Festa, que celebra o seu prato forte esta fin de semana do 2 e 3 de abril. Vestidos de época, no cartel figuran os futbolistas Sergio Álvarez e Hugo Mallo, o delegado do primeiro equipo, Vlado Gudelj, e as xogadoras do Celta Baloncesto Ángela Coello e Iria Varela.
mércores, 23 mar 2016
A cidade comeza a conta atrás para a Festa da Reconquista da Vila de Vigo, que tomará as rúas do Casco Vello na primeira fin de semana de abril, os días 2 e 3. Ademais das representacións, a organización programa o tradicional mercado, espazos infantís, música nas rúas e demostracións de artesanía. A mostra "Retallos da nosa historia" xa está aberta, na Casa Galega da Cultura.