venres, 31 xul 2015
O grupo musical madrileño Los Enemigos actuarán o sábado 1 de agosto dentro do programa de Festas en Vigo 2015. Unha hora antes, ás 22.30 horas, será o momento das teloneiras, nesta ocasión Agoraphobia, unha banda galega de garaxe indie rock composta íntegramente por mulleres.
xoves, 30 xul 2015
O alcalde achegouse esta mañá ao Auditorio Mar de Vigo para darlle a benvida ao músico británico Eric Burdon, que ofrecerá esta noite o único concerto en España. En declaracións aos medios, Caballero amosou a súa "admiración" por este cantante de blues, rhythm&blues e rock, membro fundador e vocalista de The Animals, banda coa que acadou o éxito na década dos sesenta.
xoves, 30 xul 2015
A Coral Casa Blanca ofrece o venres, día 31, un concerto no auditorio de Castrelos ás 23 horas, con entrada libre. A Coral está dirixida por Oscar Villar e arranxos orquestrais de Marcos Valcarcel.
xoves, 30 xul 2015
Tras o éxito da pasada edición de 40 HOT MIX ROAD SHOW na que os 40 fixeron vibrar ao aire libre a máis de 80.000 persoas en todo o país, Vigo acolle unha das 14 festas que fará aos asistentes sentir o auténtico "efecto Hot". 40 PRINCIPAIS Vigo co patrocinio do Concello de Vigo desenvolve este evento de máis de 4 horas de duración presentado polos Dj´s de 40 PRINCIPAIS EDU NARANJO e JL GARCÍA.
venres, 24 xul 2015
Máis de 20 grupos e uns 600 artistas formarán parte da Festa da Cultura que se celebra esta fin de semana na Porta do Sol. Organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, co patrocinio do Concello, incluirá unha mostra de produtos artesanais e un desfile dos participantes.
venres, 24 xul 2015
As actividades das Festas de Veran para esta fin de semana centranse no desfile dos grupos do Festival Folclórico Internacional, o inicio da Festa da Cultura e o concerto de HombresG.
martes, 21 xul 2015
Abel Caballero deu conta esta mañá do "excepcional" programa de festas que o Concello vai desenvolver entre o 21 de xullo e o 22 de agosto. Haberá, entre outras moitas actuacións, tres grandes concertos no auditorio de Castrelos- Coral Casablanca, Los Enemigos e Julieta Venegas- ademais de actividades infantís nese mesmo recinto que se complementarán con obradoiros espallados por todos os barrios da cidade.
luns, 20 xul 2015
O Festival Folclórico Internacional desenvolverá a súa vixésimo primeira edición entre mañá martes 21 e do domingo 26 de xullo. Unha vez máis, danzas galegas e internacioanais convivirán nun certame que cada vez ten máis seguidores en Vigo e na súa área.
xoves, 9 xul 2015
O Arnette-O’Marisquiño será en 2015 un festival moito máis musical adelantando ao vernes 7 de agosto o comenzo da programación de concertos no Peirao de Transatlánticos. Rap, punk, metal e electrónica amenizarán as noites do AOMXV unna vez terminadas as probas deportivas, e todo gratis.