venres, 4 ago 2017
A tradicional celebración, que percorrerá o centro da cidade, comeza o domingo ás 19:00 horas. O Concello aprobou tamén subvencións por valor de 21.000 euros.
mércores, 2 ago 2017
Segundo apuntou, na programación deste ano interviñeron "máis de cen grupos; 42 corais, nove bandas de música, grupos folk e todos os de Vigosónico".
mércores, 26 xul 2017
O alcalde e a presidenta da Deputación eloxiaron un ano máis a calidade do Marisquiño, que cada ano reúne a máis público e que nesta edición vai puntuar nas próximas Olimpíadas, nas que o skate se estreará como disciplina. Entre o 11 e o 13 de agosto, Vigo volverá ser a capital do deporte urbano e ambos mandatarios destacaron o retorno económico deste evento tanto na cidade, como no resto da provincia.
luns, 24 xul 2017
O rexedor animou esta mañá a toda a cidade a visitar Cambados durante a primeira semana de agosto para participar na 65 edición da Festa do Albariño. Acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva e da alcaldesa desta localidade, Fátima Abal, eloxiou a calidade dunha festa que reúne edición tras edición a uns 300.000 amantes do viño.
luns, 24 xul 2017
O alcalde de Vigo participou este luns na presentación deste libro, iniciativa da Federación Galega de Hípica e escrito polo xornalista Eduardo Rolland, quen "adentra a súa capacidade investigadora e escritora na hípica", en verbas de Caballero. A publicación recolle un século de historia do Concurso Hípico de Vigo.
venres, 14 xul 2017
Esta fin de semana comezan de facto as festas de Vigo co primeiro dos concertos programados polo Concello no auditorio ao aire libre de Castrelos, ás 23 horas, e coas festas de Bouzas. Tras La Oreja de Van Gogh, recordou o alcalde, chegarán a Castrelos The Pretenders, Miguel Bosé, Carlos Vives, a Coral Casablanca e Crystal Fighters.
mércores, 12 xul 2017
O alcalde recordou este mércores que o Encontro de Danza Urbana de Vigo, VIKUL, volve ás rúas da cidade, á Porta do Sol, o venres e sábado, 14 e 15 de xullo, co maior número de shows e escolas de danza das cinco edicións e actuacións nas que intervirán ata 340 bailaríns. VIKUL forma parte do programa municipal "Vigo en Festas 2017"
xoves, 22 xuñ 2017
Arranca o 4 de xullo "Vigo en Festas 2017", presentado hoxe xoves polo alcalde, quen destacou os seis concertos programados no Auditorio de Castrelos -comezando o 14 de xullo coa actuación de La Oreja de Van Gogh- e a "acción estelar" de O Marisquiño. Caballero recordou que as festas portan o emblema "Illas Cíes: Obxectivo Patrimonio da Humanidade".
mércores, 21 xuñ 2017
O Concello coopera na posta en marcha da Andaina Solidaria a favor da Asociación de Ayuda a niños oncológicos de Galicia (ASANOG) que sairá o domingo 25 de xuño da Praza do Rei con destino ao Parque de Castrelos. Esta iniciativa está organizada por Radio Taxi, en colaboración coa ONG.
mércores, 21 xuñ 2017
O Concello xa ten en marcha o dispositivo de seguridade, limpeza e transporte para a noite de San Xoán. Así o dixo esta mañá o rexedor, quen avanzou que o número de solicitudes de cacharelas este ano ascende a 24.