Escoitar

O alcalde anima a participar o domingo na Andaina Solidaria a favor de ASANOG

O Concello coopera na posta en marcha da Andaina Solidaria a favor da Asociación de Ayuda a niños oncológicos de Galicia (ASANOG) que sairá o domingo 25 de xuño da Praza do Rei con destino ao Parque de Castrelos. Esta iniciativa está organizada por Radio Taxi, en colaboración coa ONG.

mércores, 21 xuñ 2017
1498049531andaina.JPG
O rexedor animou a toda a cidade a participar este domingo 25 de xuño na Andaina solidaria a favor da Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia (ASANOG). Organizada por Radio Taxi, con cooperación municipal, a marcha sairá da Praza do Rei ás 11,00 h cara ao Parque de Castrelos. Tal e como explicaron la rolda de prensa, alí haberá actividades infantís, xogos infantís, ademais de sorteos e agasallos. Tamén está prevista a actuación do Grupo de Gaitas da Escola Municipal de Danza. As inscricións e a recollida de camisetas serán en El Corte Inglés, cun custo de 5 euros.

Na rolda de presentación tamén estiveron presentes Manuel Chorén e Blanca Vila, representantes de Radio Taxi, Gonzalo Autrán, presidente de ASANOG, ademais da concelleira de Transportes, Ángeles Marra.
Descargar todas as imaxes