venres, 23 xuñ 2017
Abel Caballero rubricou este venres os convenios de apoio ao Atlántida de Matamá, cunha subvención de 20.000 euros, e ao Celta de Atletismo e ao Atletismo Feminino Celta, con 18.000 euros cada un. Recordou o alcalde que o orzamento do Concello deste ano adica 1.852.000 euros a potenciar o deporte vigués de elite e de base.
venres, 23 xuñ 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou o Plan de Formación 2017, que totaliza máis de 40 accións formativas para o persoal municipal, orientado á modernización administrativa e ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs), segundo informou este venres Abel Caballero.
venres, 23 xuñ 2017
Os responsables da empresa presentáronlle este venres a Abel Caballero o seu proxecto industrial na cidade, que inclúe a modernización dun inmoble en Vigo. O alcalde amosou o seu agrado pola proposta e desexoulles o mellor: "gústame cando a economía se fai tamén con criterio cidade".