O alcalde valora o proxecto económico "con criterio cidade" de COPER
Os responsables da empresa presentáronlle este venres a Abel Caballero o seu proxecto industrial na cidade, que inclúe a modernización dun inmoble en Vigo. O alcalde amosou o seu agrado pola proposta e desexoulles o mellor: "gústame cando a economía se fai tamén con criterio cidade".