O Concello organiza a I Xornada sobre arte urbana dentro do programa para arrumbar medianeiras<br />
Expertos e profesionais significados do mundo da cultura debaterán sobre arte urbana en Vigo o próximo 1 de xullo na Casa Galega da Cultura. Trátase dunha actividade máis organizada dentro do III Programa de arrumbamento de medianeira, que este ano está dotado con 453.000 euros e que permitirá decorar quince novos espazos.
O próximo 1 de xullo a Casa Galega da Cultura acollerá a I Xornada sobre arte urbana na que participarán artistas e investigadores significados do mundo da cultura e da arquitectura. Lula Goce, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, Inés Machado, directora da Galería de Arte Urbano (GAU) e Daniel Sorrando, doutor en Socioloxía pola Complutense de Madrid, entre outros, debaterán e analizarán o que significa a arte urbana na rúa.
Esta iniciativa forma parte do III Programa de arrumbamento de medianeiras e outros elementos verticais sobre a vía pública -dotado con 453.000 euros- no que tamén figuran outras actividades vinculadas á música. De feito, hoxe venres, Denova, tocará no MARCO, mentres que o próximo venres 30, será a quenda de Best Boy, na Porta do Sol. Con estas dúas actuacións remata a programación musical que levou un concerto a unha parte distinta da cidade cada venres deste mes de xuño.
Caballero destacou tamén as actividades desenvolvidas nos centros educativos e exhibiu en rolda de prensa algúns dos traballos que se realizaron nos seis colexios que este ano participaron no proxecto: Eduardo Pondal, Ramón y Cajal, Javier Sensat, Seis do Nadal, Saladino Cortizo e García Barbón.
O alcalde adiantou que a principios de xullo comezará a executarse o III Programa de Arrumbamento de Medianeiras que inclúe os seguintes espazos: rúa Beiramar; Avenida de Castelao, 16; Centro Comercial Coia 3; Muro do Colexio Niño Jesús de Praga; rúa Coruña, 9; Unidade de Traballo Social de Teis; rúa Doutor Corbal; Escaleiras entre Romil e Camelias; Escaleiras entre Pi y Margall e Torrecedeira; os pavillóns de Bouzas e As Travesas; Muro en Florida; Muro Igrexa Fátima (Vía Norte, 19); Túnel na rúa Ourense (á altura do número 5) e, ademais, remataranse as actuacións no parque de Navia e a Casa do Patín (Bouzas). Os artistas que executarán as medianeiras nesta nova edición do programa serán: Delio Rodríguez, María Romero, Pinche, María José Pulido, Teresa Irisarri, Silvia Rodríguez Pena (SAX), Noel Pérez Fungueiriño, Elara Elvira e Ana Santiso, Iria Blanco, Pedro Sardiña. Ademais hai dous artistas internacionais convidados: Hazul, un dos grafiteiros máis recoñecidos de Porto, e Mona Carón.
Descargar todas as imaxes