xoves, 22 xuño 2017

O Concello programa unhas festas de verán "en toda a cidade e para todas as idades"

Arranca o 4 de xullo "Vigo en Festas 2017", presentado hoxe xoves polo alcalde, quen destacou os seis concertos programados no Auditorio de Castrelos -comezando o 14 de xullo coa actuación de La Oreja de Van Gogh- e a "acción estelar" de O Marisquiño. Caballero recordou que as festas portan o emblema "Illas Cíes: Obxectivo Patrimonio da Humanidade".