Escoitar

O rexedor felicita ao CEIP San Salvador pola súa labor en favor do medio ambiente

Caballero felicitou esta mañá de mércores aos alumnos e aos profesores do CEIP San Salvador pola súa labor en favor do medio ambiente no seu contorno. Este centro de ensino ven de recibir o Premio Galicia Voz Natura polo seu proxecto Todos somos A Riouxa.

mércores, 21 xuñ 2017
1498049852colegio.JPG
O rexedor achegouse esta mañá ao Colexio de educación infantil e primaria San Salvador de Teis para felicitalos polo seu proxecto Todos somos A Riouxa, co que o centro ven de recibir o Premio Galicia Voz Natura. Durante a visita, destacou o compromiso dos 172 alumnos e do profesorado coa defensa do medio ambiente xa que, ademais de traballar na horta ou montar obradoiros de reciclaxe, saíron fóra das instalacións para limpar praias ou realizar un extraordinario traballo de reforestación no monte de A Riouxa. Durante o acto, o rexedor trasladoulles a vontade de seguir a cooperar nestas tarefas en favor de toda a comunidade.

Bolsas de inglés
En declaracións aos medios, Caballero lembrou a reunión organizada onte martes no Auditorio Mar de Vigo cos beneficiarios e os familiares das bolsas de inmersión lingüística en inglés. Logo desta primeira charla informativa, sucederanse reunións de grupos reducidos para organizar con concreción as viaxes, previstas para o mes de setembro.


Descargar todas as imaxes