Escoitar

Caballero eleva a 20 millóns os investimentos en instalacións deportivas nos dous últimos anos

O rexedor visitou hoxe martes o Pavillón de Teis, no que se acometeron nos últimos dous anos obras por valor de 300.000 euros. Estes investimentos son unha parte dos 20 millóns de euros que o Concello adicou a reformas de instalacións deportivas desde 2015.

martes, 20 xuñ 2017
1497962970pabellon.JPG
Desde o ano 2015, o Concello investiu 20 millóns de euros na construción ou reforma de instalacións deportivas na cidade. Así o afirmou durante unha visita ao Pavillón de Teis no que se está a renovar o pavimento, dentro dunha actuación integral na que xa se investiron 300.000 euros. Segundo detallou, reformouse a cuberta e reforzouse a estrutura, ademais das gradas e da instalación eléctrica, facendo unha renovación integral dunha instalación que estaba bastante deteriorada, incluso con goteiras, indicou Caballero.

Aproveitando a visita, o rexedor repasou as obras realizadas polo Concello nos últimos dous anos: mantemento e reparación dos campos de fútbol de Comesaña e Meixueiro (100.000 euros ; instalación de pavimentos deportivos na pista vermella de Travesas e no pavillón de Teis (210.000 euros); mellora nas instalacións da ETEA (330.000 euros); renovación do céspede artificial no campo de fútbol de Comesaña (168.000); renovación do campo de fútbol de Monte da Mina-Castrelos (160.000); construción dun campo de fútbol no Carballal Fase I (534.000 euros); mantemento dos 20 campos de fútbol municipais e outras instalacións (365.000 euros); equipamentos deportivos e xestión de mantemento (120.000 euros); estadio de Balaídos (11 millóns); melloras de caldeiras do Pavillón de O Carme e o depósito para Balaídos e nos accesos (50.000 euros); e melloras de distintos campos e accesos a pavillóns (70.000 euros).

Ademais, engadiu, nestes momentos están en marcha os seguintes proxectos: construción do campo de fútbol no Carballal fase II (430.000 euros); construción campo de adestramento para Sárdoma (60.000 euros); campo de béisbol das Prantas (60.000 euros); campo de Valadares (50.000 euros); inversións en caldeiras e equipos técnicos (70.000 euros); diferentes dotacións (35.000 euros) Monte da Mina (260.000); melloras en diferentes dotacións (85.000 euros) e, por último, reforma integral das piscinas de As Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, ademais do ximnasio de O Berbés, por un importe superior aos 6 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes