Caballero anima a participar no Entroido, que comeza este venres con dous concertos
O alcalde ensalzou a calidade de La Edad de Oro del Pop Español e Sidonie, os dous grupos que abrirán o Entroido vigués con sendos concertos na Porta do Sol, ás 21h e ás 23h respectivamente. Este sábado, o desfile de comparsas e carrozas partirá do nó de Isaac Peral ás seis da tarde.
O alcalde, Abel Caballero, animou este venres á cidadanía a participar nos actos organizados no Entroido vigués, que arranca esta noite na Porta do Sol con sendos "grandes concertos" de La Edad de Oro del Pop Español, ás 21h, e con Sidonie, ás 23h.
Caballero augurou que a Porta do Sol estará chea de xente pola calidade das dúas formacións presentes este venres, xornada na que tamén haberá pola tarde animacións de rúa e o descubrimento do Meco. Para este venres, o tráfico quedará cortado desde as 19 horas.
Para o sábado, xunto á animación de rúa, toma protagonismo o Desfile Concurso de Comparsas e Carrozas, que partirá ás seis da tarde de García Barbón, desde o nó de Isaac Peral, para concluir na Porta do Sol. A este respecto, o rexedor vigués recordou que os curtes de tráfico comezarán ás 17 horas.
Na mañá do domingo se celebrará a III Carreira Popular Concello de Vigo, con modalidade absoluta e infantil, para que poidan participar cidadáns de todas as idades. Pola tarde, a animación de rúa tomará o centro da cidade, así como distintas propostas para o público infantil.
Descargar todas as imaxes