O Concello pon en marcha en marzo as rutas medioambientais do Camiño a Camiño
O próximo luns 27 de febreiro comeza o prazo de inscrición nas actividades do Camiño a Camiño, que se desenvolverán nos meses de marzo e abril. Este ano, incluirán novidosos percorridos medioambientais e cursos de formación. <br />
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá do inicio do prazo de inscrición nas actividades do Camiño a Camiño. A partir do luns 27 de febreiro, todos aqueles que desexen participar nas andainas ou nos cursos de formación poderán anotarse no 010 ou no 986810226 (se chaman desde un móbil).
A programación, que se prolongará ao longo de marzo e abril, inclúe percorridos medioambientais e curso de formación en hortas urbanas ou en valores naturais dos humedais de Vigo e control de exóticas. Respecto dos roteiros, haberá sendas de Ribeira, sendas polo Románico Galego, rutas por Galicia, visitas ás Illas Atlánticas e saídas nocturnas.