luns, 28 xul 2003
Chega o terceiro dos concertos do festival 'Para Vigo me voy', dedicado ás grandes figuras da música latina. Subirán este martes ao palco de Castrelos o roqueiro Chico César e mais o Trío Mocotó, historia viva da música popular brasileira dos últimos trinta anos.
xoves, 24 xul 2003
Do 25 de xullo ó 2 de agosto a praza da Estrela será o escenario dos concertos do ciclo de bandas populares de música que organiza a concellería de Festas na programación do verán. Os concertos son de entrada libre.
xoves, 24 xul 2003
A concelleira de Festas e Animación sociocultural, Margarida Martíns, presentou a actuación máis importante do porgrama das Festas do Cristo 2003, a banda escocesa de rock Primal Scream. Faranlle a entrada un dos grupos máis peculiares do pop catalán: Sidonie.
NO MARCO DO PROGRAMA DAS FESTAS DO CRISTO
mércores, 23 xul 2003
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Margarida Martíns e maila concelleira de Xuventude Belén Sío, presentaron o concerto que terá lugar en Castrelos para conmemorar o Día de Galicia. Nel intervirá o grupo de pandeireteiras belgas Ialma.
A CONCELLERÍA DE FESTAS COLABORA NO CONCERTO
mércores, 23 xul 2003
É un dos artistas máis importantes da música brasileira actual, e virá presentar o seu último disco, 'Marrón', o 2 de agosto, no Pavillón das Travesas. A Concellería de Festas colabora na organización do concerto.
CONTINÚA O CICLO DE POLIFONÍA
martes, 22 xul 2003
No Auditorio Municipal, e con entrada libre, terá lugar o terceiro dos concertos de corais que programa a Concellería de Festas e Animación Sociocultural para este verán. Nel participarán a Coral polifónica Rueiro e maila coral polifónica da Agrupación Galicia Social. A cita é ás nove do serán.<br />
NO MARCO DO IX FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL
martes, 22 xul 2003
Ás 21:30, no local da antiga Radio Costeira, en Orxás (Saiáns), terá lugar a actuación dos tres grupos internacionais convidados para este verán pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural: os mongois de Xilingol, os venezuelanos de Yacamba, e os andaluces da Asociación Coros y Danzas de Baza.
CONTINÚA O CICLO DE POLIFONÍA
luns, 21 xul 2003
No Auditorio Municipal, e con entrada libre, terá lugar o segundo dos concertos de corais que programa a Concellería de Festas e Animación Sociocultural para este verán. Nel participarán a<br />
Coral polifónica da Asociación de Veciños Val do Fragoso e maila coral polifónica Anduriña de Coruxo.
NO MARCO DO IX FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL
luns, 21 xul 2003
Ás 21:30, no local cultural e recreativo de Candeán, terá lugar a actuación dos tres grupos internacionais convidados para este verán pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural: os mongois de Xilingol, os venezuelanos de Yacamba, e os andaluces da Asociación Coros y Danzas de Baza.
venres, 18 xul 2003
O parque de Castrelos acollerá o vindeiro domingo, 20 de xullo, unha nova edición da Festa do mexilón que cada ano organiza a Federación de peñas recreativas "El Olivo" en colaboración coa concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo.