venres, 18 xul 2003
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Margarida Martíns, presentou a VIII edición do maratón fotográfico que repartirá 6.100 euros en premios.
venres, 18 xul 2003
Poden adquirirse na Central de Espectáculos, a través de internet e con reserva telefónica.
xoves, 17 xul 2003
A concelleira de Festas e Animación sociocultural, Margarida Martíns, presentou a novena edición do Festival folclórico internacional que se celebrará do 18 ao 24 de xullo coa participación de Xilingol (Mongolia), Yacamba (Venezuela) e Baza (Andalucía).
xoves, 17 xul 2003
De novo un grupo galego, The Pinga, vai participar no IV Verán de teatro que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural, coa presentación da súa última montaxe, a obra "Urbe".
mércores, 16 xul 2003
A compañía de Castela-León Hojarasca Danza presentará o xoves 17 de xullo en Vigo o seu espectáculo ‘Bloque C (Anxos caídos buscan subir ao ceo)’, dentro da programación do IV Verán de teatro que se celebra na explanada da praza da Estrela, á beira da ría, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
martes, 15 xul 2003
Dentro da programación do ciclo IV Verán de teatro, o mércores 16 de xullo, vai actuar a compañía viguesa Noescafé, que representará ás 23:00 na praza da Estrela a súa última montaxe, "Sinfólico". No caso de que a chuvia non o permita, a función será no auditorio municipal.
luns, 14 xul 2003
Sete compañías actuarán neste ciclo que se vai celebrar de luns a venres ás 23:00 na praza da Estrela. Pez en Raya representará o luns 14 "Pésame mucho" e La Fanfarra o martes 15 de xullo "De tanto que te quiero..." As compañías Noescafé Teatro, Hojarasca Danza, The Pinga, Pepa Plana e Taco Aguja completan o programa.
venres, 11 xul 2003
A actuación de Goran Bregovic en Vigo será a única do artista en Galicia, onde estará por primeira vez o 13 de xullo, dentro dos concertos programados nas Festas do Cristo. A cita será ás 23:00 no parque de Castrelos.