Principia o IV Verán de teatro das festas de Vigo
Sete compañías actuarán neste ciclo que se vai celebrar de luns a venres ás 23:00 na praza da Estrela. Pez en Raya representará o luns 14 "Pésame mucho" e La Fanfarra o martes 15 de xullo "De tanto que te quiero..." As compañías Noescafé Teatro, Hojarasca Danza, The Pinga, Pepa Plana e Taco Aguja completan o programa.
O grupo barcelonés Pez en Raya abrirá a IV Semana de teatro que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural co gallo das festas do verán.
O ciclo consta de sete obras a cargo doutros tantos grupos, que serán representadas na praza da Estrela, a partir das 23:00 con entrada libre.
Pez en Raya vai representar "Pésame mucho" obra que relata a historia dunha vila atacada por Falafel, o mesmo diaño. Dous actores son os que interpretan a tódolos estranos personaxes da obra, que van dende unha vaca poseída que dá leite negro, á súa dona e ó seu mozo, un alcalde de pobo pouco convencional.
A compañía catalana traballa a procura dunha linguaxe propia baseada no humor absurdo. "Pésame mucho" é a cuarta montaxe que levan a cabo logo das boas críticas acadadas coas súas anteriores representacións en varios países europeos. O grupo acaba de obter o Premio do Público no IX Festival Internacional do Humor, en Madrid.
A segunda representación do IV Verán de Teatro será da compañía catalana La Fanfarra, que ofrecerá ás 23:00 na praza da Estrela e con entrada libre a montaxe "De tanto que te quiero..."
Trátase dun monólogo infantil para adultos só comprensible para quen teña sido neno. Ó través da súa intervención, Sophia vainos amosando as súas reflexións partindo da súa experiencia e as súas observacións. Así, Sophia observa a seu pai, súa nai, seu irmanciño Salvador e a si mesma, conecta os seus ollos co seu corazón e a súa testa, e desa conexión xurde unha visión complexa das relacións humanas. No ollo de Sophia técese unha trama de amores, desamores, odios e vinganzas. A actriz Mariona Masgrau dá vida a Sophia e préstalle a súa voz ó texto de Rafael Metlikovez.