Escoitar

O parque da Riouxa acolle a preestrea de "O agasallo de Silvia"

A concelleira de Xuventude, Belén Sío, asistirá o sábado 12 de xullo no parque da Riouxa á preestrea da película "O agasallo de Silvia", dirixida por Dionisio Pérez. Esta proxección inclúese no ciclo de cine ao aire libre pertencente ás actividades de verán que Xuventude ten conveniadas co Plan comunitario de Teis.

venres, 11 xul 2003
O filme, que se proxectará ás 22:30, está protagonizado por Luis Tosar, Bárbara Goenga, Víctor Clavijo e Adriana Domínguez.

Silvia é unha adolescente que tomou a decisión máis importante da súa corta existencia, quitarse a vida para doar os seus órganos. Desta maneira, tres personas anónimas reciben os órganos de Silvia. Carlos, un home de mediana idade cun incerto futuro laboral e unha familia ao seu cargo, é receptor do corazón. A Inés, unha moza cega de nacemento, transplántanlle as súas córneas. E Mateo, outro rapaz que vive no límite da cidade, e tamén da ley, recibe o fígado de Silvia. Para todos eles, o fin da vida de Silvia supón o novo comezo da súa.

Máis información