Olaia Fernández visitou un campamento de verán
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, visitou un campamento de verán incluído no programa "Promoción do pobo xitano". Este campamento, que se celebra en Liméns (Cangas), está dirixido a nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos.
O campamento é un recurso pedagóxico dentro do proceso educativo e formativo que desenvolve Cáritas Diocesanas de Tui-Vigo durante todo o ano, no que se culmina o traballo de todo o curso.