O Pleno aproba os nomeamentos e retribucións dos corporativos
A nova Corporación municipal celebrou a primeira sesión convocada con carácter extraordinario na que se deu conta da constitución dos grupos municipais, dos nomeamentos dos tenentes de alcalde, membros da Comisión de Goberno e delegación de atribucións en concelleiros e representantes nos organismos autónomos municipais, no museo "Quiñones de León", na Mancomunidade e nos padroados de fundacións e entes privados.
Os membros da Corporación municipal gardaron un minuto de silencio polo falecemento do concelleiro de Progresistas Vigueses Agustín Arca. "Foi un concelleiro que dedicou a súa vida a traballar a prol dos demais e, sobre todo, dos que menos teñen", afirmou Manoel Soto. "Deixa tras de si unha obra fecunda, xa que a súa foi unha colaboración decisiva para poder cambiarmos a calidade de vida de moitos vigueses", dixo. María Xosé Porteiro destacou "o traballo de Agustín Arca a prol da cidade", Corina Porro expresou "o sentido pésame dun home que traballou por e para Vigo" e Lois Castrillo o seu espírito "entusiasta, xuvenil, vitalista e traballador".
Entre outros asuntos, aprobouse por unanimidade a enmenda a unha proposta da Alcaldía referente á composición das comisións informativas permanentes en aras de conseguir unha homoxeneidade temática.
A Comisión informativa de Promoción económica coñecerá materias de promoción económica, emprego, turismo e comercio. Benestar Social entenderá as materias de benestar social, educación, universidade, muller, deportes, xuventude, sanidade e outros.
Servicios, Infraestructuras e Obras tratará asuntos de vías e obras, infraestructuras, medio ambiente, alumeado, saneamento, abastecemento de augas e tratamento de residuos.
Economía e Facenda e Seguridade, Circulación e Transporte tratará dos asuntos que levan o seu nome.
A comisión informativa de Persoal, Patrimonio, Contratación e Réxime interior tratará o relativo a persoal, patrimonio, contratación e semellantes. A comisión informativa de Cultura entenderá de Cultura, festexos, normalización lingüística e patrimonio histórico.
Acordouse que a mesa de contratación estará integrada por Corina Porro, Belén Sío, Xavier Toba, Amador Fernández e o técnico Vieitez Alén.
A Comisión de Goberno está conformada por Ventura Pérez Mariño (alcalde), Lois Pérez Castrillo (1º tenente de alcalde), Miguel Barros (2º tenente de alcalde), Olaia Fernández (3ª tenente de alcalde), Xulio Calviño (4º tenente de alcalde), Xabier Toba Girón, María Xosé Porteiro, Santiago Domínguez e María Luisa Graña.
Descargar todas as imaxes