Escoitar

A web do Concello de Vigo proporciona os recibos dos impostos municipais

A web municipal permítelles aos cidadáns imprimir os recibos das taxas e impostos municipais sen esperar que llelos envíe o Concello de Vigo ou sen ter que se desprazar ata as oficinas da praza do Rei. Así, os vigueses poderán adiantar o pago dos recibos sen necesidade de estar na cidade e emendar problemas como extravíos.

xoves, 10 xul 2003
Doutra banda, a sección de trámites en liña ofrece a posibilidade de consultar os datos completos do padrón, entre eles o nivel de estudios e a última data na que foi actualizado. Ademais, o usuario poderá obter a acreditación de estar empadroado mediante un volante.

As novas prestacións da web insírense no esforzo emprendido polo Concello para facilitar as xestións do cidadán, implementando servicios que conduzan, paseniñamente, á administración electrónica.

Máis información