Escoitar

Comeza o primeiro Foro de informática e comunicacións

O Instituto Feiral de Vigo acollerá ata o 12 de xullo de forma paralela á Netgame Caixanova, promovido polo Concello de Vigo, o primeiro Foro de informática e comunicacións "Tecnoatlántico".

mércores, 9 xul 2003
Con este foro preténdese dotar dunha oferta cultural e formativa adicional aos asistentes de Netgame Caixanova, sen negarlle o acceso a profesionais do sector das tecnoloxías da información e comunicacións que queiran asistir ás actividades que se realizarán durante o encontro.

Os organizadores afirmaron que "Galicia é una comunidade cun potencial aletargado en canto a novas tecnoloxías se refire e con esta iniciativa, deséxase achegar o coñecemento a estudiantes, posibles emprendedores e profesionais do sector evitando, entre outras, a continua fuga de cerebros que vén ocorrendo desde finais da década pasada".


Exposición de informática

Co obxectivo de dotar a Netgame Caixanova do contorno tecnolóxico educativo e informativo que se pretende crear en Vigo abrirarase do 10 ao 12 de xullo unha exposición de "Informática e comunicacións", paralela a Netgame, con stands de patrocinadores e colaboradores con Netgame.

Nesta edición contarase con Microsoft, Intel, HP, Telefónica, Caixanova, Academia Postal, Vigo Foto, Pinnacle Systems, Nominalia e Linux, entre outros.

Máis información