venres, 11 xul 2003
A actuación de Goran Bregovic en Vigo será a única do artista en Galicia, onde estará por primeira vez o 13 de xullo, dentro dos concertos programados nas Festas do Cristo. A cita será ás 23:00 no parque de Castrelos.
venres, 11 xul 2003
O Museo de Arte Contemporánea inaugura "Indisciplinados", unha mostra colectiva de producción propia sobre as fronteiras da linguaxe creativa, os lindes da arte e do deseño, na creación española de finais do século XX e inicio do XXI. É unha exposición única no territorio español, comisariada pola profesora Nuria Gual, que se inscribe nas actividades do Ano do Deseño 2003.
venres, 11 xul 2003
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Margarida Martíns presentou o "IV verán de Teatro", incluído na programación das Festas do Cristo 2003. Todas as representacións desenvolveranse na praza da Estrela a partir das 23:00 horas e serán de entrada libre.
venres, 11 xul 2003
A concelleira de Xuventude, Belén Sío, asistirá o sábado 12 de xullo no parque da Riouxa á preestrea da película "O agasallo de Silvia", dirixida por Dionisio Pérez. Esta proxección inclúese no ciclo de cine ao aire libre pertencente ás actividades de verán que Xuventude ten conveniadas co Plan comunitario de Teis.
venres, 11 xul 2003
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, visitou un campamento de verán incluído no programa "Promoción do pobo xitano". Este campamento, que se celebra en Liméns (Cangas), está dirixido a nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos.