luns, 7 xul 2003
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, e a concelleira de Medio ambiente, María Xosé Porteiro, asistiron ao acto de clausura do encontro de representantes do Eixo Atlántico que estableceron as condicións para pór en marcha o proceso da Axenda 21. A comisión delegada das concellerías de Medio Ambiente, reunida no salón de actos do Marco, revisou prazos e metodoloxías para publicar as bases de licitación e a posterior adxudicación de proxectos a empresas externas.
luns, 7 xul 2003
O Concello asinará un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a ampliación das instalacións do centro de ensino Doutor Fleming polo que a comunidade educativa deste colexio deberá trasladarse ao CEIP Rocío de Bouzas durante o vindeiro curso escolar.
luns, 7 xul 2003
A Concellería de Consumo, a través da Oficina municipal de información ao Consumidor (Omic) recórdalles aos consumidores as cuestións a ter en conta no periodo de rebaixas que agora se inicia.
luns, 7 xul 2003
A primeira reunión de seguemento do Pxom terá lugar na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o próximo martes 15 de xullo.
luns, 7 xul 2003
A exposición "Eter terra" da artista Menca Estévez, organizada pola Concellería de Cultura, inaugúrase o luns 7 de xullo ás 20:00 na Casa das Artes. O acto estará amenizado por unha intervención musical.