Inaugúrase a mostra de Menca Estévez na Casa das Artes
A exposición "Eter terra" da artista Menca Estévez, organizada pola Concellería de Cultura, inaugúrase o luns 7 de xullo ás 20:00 na Casa das Artes. O acto estará amenizado por unha intervención musical.

A flautista Julia Estévez e a soprano Begoña Estévez interpretarán temas preparados para o evento. Na instalación denominada "Flotante" soará a frauta para debuxar sons no ceo, con forma, cor e evocación de imaxes. No espacio da instalación "Area eter terra" a voz da soprano interpretará a través da textura a percepción da idea, a acción e o movemento circular gravitatorio como representación física.
A mostra pode verse no primeiro andar da Casa das Artes (Policarpo Sanz, 15) do 7 ao 30 de xullo. Está aberta de luns a venres de 18:00 a 21:30, os sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
Descargar todas as imaxes