Escoitar

A final da Vigo Cup contará con 44 equipos

A Vigo Cup chega á súa recta final despois de que se coñecesen os equipos que loitarán por facerse un oco entre os finalistas.

venres, 4 xul 2003
No referente a fútbol 11, na categoría xuvenil mediranse en cuartos o Colegio Hogar-Apache; Areosa-Salgueiros; Luciano Sousa- Victoria e Rápido de Bouzas-Vilariño.

En categoría cadete destaca a presencia en cuartos de final dos equipos galegos, que deixaron fóra da partida a clubes de Portugal e Málaga. Clasificáronse o Alondras que se verá as caras co Casa Paco, o Apache, que se enfrontará co Colegio Hogar. O Ureca xogarase o pase a semifinais co Areosa, mentras que o Ourense xogará co Penya Blanc Blava D’ Eivissa de Baleares. Os encuentros serán no campo de Redondela en xornada de mañá e tarde.

No referente a fútbol 7, en categoría infantil xogáronse durante todo o día 14 partidos, pero tan só 8 equipos lograron clasificación. Este foi o caso do Victoria, que se medirá co Colegio Hogar. Pires A enfrentarase ao Celta. O Adeca xogará ante o Carrilana, mentres que o Alondras buscará o seu pase a semifinais ante o Porriño Industrial. Os partidos nesta categoría se disputarán de mañá na Cidade Universitaria, aínda que pola tarde as semifinais serán no campo de Samil.

En categoría alevín as cousas estiveron máis igualadas coa clasificación a cuartos de tres equipos de Portugal, dous de Vigo, un de Nigrán, Redondela e un equipo de Zamora. Desta forma os emparellamentos quedan da seguinte maneira. Pires B- Ourense; Alerta A-Vianense; San Lorenzo-Colegio Hogar e Casa Paco-Vilariño. Os encontros correspondentes a esta categoría se xogarán en xornada de mañá e tarde no campo de Samil.

En categoría benxamín tan só un equipo portugués logrou clasificarse para cuartos, polo que os xogadores do país veciño deixaranse a pel para intentar desbancar aos rivais. Os cadros serán os seguintes: Arrabaldo-Casablanca; o portugués Pires-Calo; Santa Marina C-Pabellón de Ourense e Casa Paco-Porriño Industrial. O pitido inicial para esta categoría será no Campo de Travesas. Os que pasen a semifinais xogarán de tarde en Samil.

A categoría máis reñida nesta xornada foi a de Damas na que estaba en xogo o pase a semifinais, xa que se jugaban tan só cuartos. Nestes dous encontros tívose que chegar á tanda de penaltis dado o empate a ceros do Luciano de Sousa- Mosteiro e o empate a uns do equipo do Olivo e o Lavadores. Ao final, Mosteiro e Lavadores lograban impoñerse. O Mosteiro enfrontarase ao Braga, mentres que o Lavadores se medirá ao Ateneo en semifinales. Os dous encontros serán en Samil ás 20:00 horas.

Á marxe, tamén segue a competición na fase de consolación, que igualmente loitará en cuartos e semifinais por facerse un oco na final.