Aberto o prazo para a cea de entrega de premios Alecrín-Alacrán
O Premio Alecrín, concedido á cantante Cristina del Valle, entregarase o 12 de xullo na Estación marítima de Vigo no transcurso dunha cea. O Premio Alacrán seralle enviado por correo á destinataria, a directora do Instituto de la Mujer. As reservas para a cea poderán facerse no teléfono 986 439 459 ata o 7 de xullo.
O Grupo de estudios sobre a condición da muller "Alecrín", con motivo da XV edición dos premios "Alecrín-Alacrán" 2003, estudiadas e valoradas as múltiples propostas suxeridas por diferentes colectivos, institucións e persoas acordaron concederlles á cantante Cristina del Valle a distinción Alecrín e á directora xeral do Instituto de la Mujer, Mirian Tey, o Alacrán.
Premio Alecrín 2003
Á cantante Cristina del Valle, pola súa firme defensa dos dereitos da muller e o seu firme compromiso coa denuncia dos malos tratos ás mulleres, adicándolle unha parte importante do seu tempo.
Na designación do Premio Alecrín 2003, tívose en conta o seu persoal compromiso e empeño en crear a Plataforma de Mulleres Artistas contra a Violencia de Xénero que conta na actualidade con preto de 200 artistas, conquerindo que as súas voces se escoiten máis forte e teñan eco nos medios de comunicación.
-No ano 1978 e ata 1990 colabora con diferentes organizacións e grupos de Dereitos Humanos.
-En 1990 forma o dúo Amistades peligrosas, que na actualidade e despois dun paréntese volve retomar cun novo traballo discográfico xunto ao vigués Alberto Comesaña.
-No ano 2000 crea a Plataforma de Artistas contra a violencia de xénero, coa intención de que como mulleres populares e coñecidas sirvan como altofalante e denuncia dos malos tratos ás mulleres.
-No ano 2002, compareceu en diferentes ocasións no Senado na Comisión mixta contra a violencia como integrante da Plataforma de Artistas contra a Violencia de Xénero.
-Foi codirectora do programa de radio en Onda Cero "Palabras de Mujer".
-Nestes anos, mantén unha constante actividade e dende fai dous anos comparte coa periodista Nuria Varela as súas experiencias impartindo conferencias e encontros contra a violencia de xénero.
-O 3 de xaneiro de este ano viaxou a Tinduf con máis de 100 persoas entre escritoras, cantantes e actrices, percorrendo cos medios de comunicación os campamentos de refuxiados, realizando encontros e concertos.
-O día 2 de febreiro partiu para Bagdag para decir non á guerra e, entre as súas actividades nese país, destaca a celebración de un concerto pola Paz entre artistas iraquíes e españolas e o encontro coa Federación de Mulleres Iraquís.
-Polo seu traballo en prol dos dereitos das mulleres e a súa loita contra a violencia de xénero fóronlle concedidos diferentes premios entre os que se destaca: premio Meridiano, premio Madame Bóbary, premio Pura Tomás, premio Mujer en Lila, premio Comadre de Oro, premio Clara Campoamor, premio Racimo, premio Rosa Manzano, etc.
Premio Alacrán 2003
Mirian Tey, directora xeral do Instituto de la Mujer, polo seu empecinamento en manterse á fronte desta institución (que ten como fin único loitar contra as discriminacións nas que viven as mulleres), a sabendas de que a súa continuidade supón o cuestionamento de tódalas actividades que nun futuro esa institución promova.
Mirian Tey animou, apoiou e promoveu a publicación do libro "Todas putas", esquecéndose do posto que ocupa e da institución que representa dándolle prioridade os seus intereses económicos a través da editorial da que é socia.
A directora do Instituto de la Mujer, obviou a petición das organizacións feministas de España e Europa que piden a súa dimisión á fronte dunha institución que tanto costou conquerir a todas as mulleres.