Pérez Mariño asiste á apertura do "Foro 2003 da economía galega"
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, afirmou que Vigo necesita reforzar o seu liderazgo político e económico na apertura do "Foro 2003 da economía galega" que se celebrou no Centro social de Caixanova. Mariño apostou tamén por crear "unha nova fronte marítima da cidade e da área urbana, física-urbanística, loxística, manufactureira, cultural e ambiental".
Extracto da intervención de Pérez Mariño
Unha situación recesiva como a actual a nivel internacional e español, multiplica a súa gravidade nunha rexión periférica como a nosa, e fai que a nosa economía sexa aínda máis vulnerable. O contexto actual da economía galega, cun crecemento económico que se ralentiza cada vez máis, un nivel de prezos por enriba da media española e taxas de desemprego, por enriba tamén da media española, é o peor dos escenarios posibles, non só en termos da situación económica das familias, senón tamén en termos dos niveis de competitividade das empresas e do conxunto da economía da Comunidade Autónoma.
En nivel de renda, ocupamos o terceiro posto pola cola de toda España, unicamente Andalucía e Estremadura se sitúan por detrás nosa, de feito a nosa renda se sitúa nun 82% da media española e nun escaso 65% da comunitaria.
No noso tecido productivo aínda o sector primario ten un papel importante, con serios problemas de continuidade en moitas explotacións agrícolas e gandeiras, e con graves problemas no sector pesqueiro, coñecidos por todos. Ademais temos a poboación máis envellecida de España, e sen ningunha dúbida os niveis de demanda agregada se resenten con estas estructuras demográficas, cunha menor propensión ao consumo.
Faise necesario maximizar a rendibilidade do gasto público, isto pasa necesariamente por promover aquelas actividades nas que Galicia conta con vantaxes comparativas, como os complexos agrogandeiros, a madeira, o mar-industria e o turismo. Ao seu carón, encontraríanse outros complexos industriais de interese, abertos cara o exterior e nos que Galicia ten demostrado as súas potencialidades; fundamentalmente: a pedra natural, a confección-téxtil, a automoción e a construcción naval.
Neste sentido, fai falta garantizar unha especialización sostible a longo prazo; isto é, con perspectivas de mercado e competitiva é un marco de relacións comerciais en todo o mundo. Pero tamén é importante estimular o peche dos ciclos productivos de interese, para desenvolver mellor no noso territorio as fases xeneradoras de máis valor engadido por traballador. Desta maneira, tamén se contribuiría a eliminar e mesmo investir a especialización lixeiramente desfavorecedora da estructura productiva galega.
Desde unha perspectiva financeira, preséntanse unha serie de incertidumes que convén ter en conta. En primeiro lugar, o futuro dos fondos estructurais que benefician a Galicia non está garantido. A pesar de que as negociacións para o período que comeza no 2007 están aínda nos seus comezos, as posicións defendidas no seu día nas discusións sobre a Axenda 2000 amosan as dificultades de alcanzar maiores niveis de solidariedade financeira entre os países da Unión Europea.
Neste contexto de luces e sombras, Vigo necesita plantexar e reforzar o seu liderazgo político e económico sobre dúas bases: unha, externa, de colaboración (non enfrontamento) en primeiro lugar coas ciudades da rexión urbana (Pontevedra, Porto e Ourense), e tamén con outras cidades centrais en Galicia (A Coruña, Santiago); a outra base, interna (se acaso a máis prioritaria), que substitúa o conflicto e o boicot entre as institucións da ciudad pola idea de pacto, de cohesión social e así facernos valer cunha voz forte e única como cidade.
Só unha rexión urbana con este impulso inducido pode recoller as importantes enerxías productivas que xa conformamos durante a historia económica nos últimos 150 anos desde a nosa posición atlántica (alimentos do mar, construcción naval, automoción e auxiliares, etc.) e portuaria, pero catapultaría outras potenciais (sobre todo no comercio transoceánico desde América Latina cara o resto da UE), que pasarían por maiores facilidades para os investimentos directos estranxeiros entre nós e dos nosos investidor no exterior.
No conxunto teremos que facer valer non só as nosas capacidades económicas, actuais e potenciais, senón tamén os nosos atractivos físicos e o noso capital social ao permitírmonos saír ao exterior cunha soa voz ou como un actor económico e político internamente cohesionado. Máis en concreto: as posibilidades de facernos un nome a escala europea e mundial pasan por unha concentración proxectiva na nosa importante tradición e saber facer en relación ao marítimo. Tamén aquí cobra sentido pleno un "Novo fronte marítimo" da cidade e da área urbana, non só físico-urbanístico senón, sobre todo, loxístico, manufactureiro, cultural e ambiental.
É necesario que a cidade de Vigo aposte polo incremento e a intensificación da mobilidade interna tanto por motivos de traballo e estudio, como por razóns de compra, lecer, producción e servicios. Nun esquema non radial senón máis ben ortogonal. Complementando corredores externos (tránsitos de paso sen orixe e destino na zona) con outros corredores internos (con iluminación, arborado e mobiliario urbano), evitando singularmente a ruptura que a peaxe supón para integrar o eixo Pontevedra-Vigo.