Escoitar

As análises determinan como aceptable a calidade das augas do areal de Mende

O Laboratorio municipal analizou a última mostraxe realizada na praia de Mende, en Teis, e os datos demostran que mellorou de xeito considerable xa que obtivo a cualificación de aceptable. O Concello xa retirou o panel informativo que recomendaba non bañarse nesa praia causado polo crecemento bacteriolóxico.

martes, 1 xul 2003
A presencia de coliformes fecais diminuiu no areal de Mende de 8.100 ufc/100 ml a 380 ufc/100 ml nunha semana, pero o Laboratorio municipal seguirá co control desta situación co obxectivo de informar os bañistas do grao de salubridade das augas ata obter a normalidade nos resultados.

Sen embargo, o Laboratorio recomenda bañarse noutros areais vigueses que presentan óptimas condicións como o Vao, Toralla, Canido, O Portiño, Tombo do Gato, Argazada, Samil e Calzoa.

Establécense como valores guía de coliformes fecais de 100 a 2.000 ufc/100 ml como valores máximos para determinar se a auga dunha praia é aceptable. Se os resultados dan unha cantidade menor de 100 é apta e se é superior de 2.000 é non aceptable segundo a directiva 76/160/CEE.