Escoitar

A Vigo Cup entrega os trofeos Vide

Os organizadores da Vigo Cup recibiron os equipos nas inmediaciones do IMD de Samil e entregáronlles as acreditacións aos 70 clubes participantes chegados de toda España e do norte de Portugal. Ás 19:30 horas no Campo de Samil procederase á entrega dos trofeos Vide da Vigo Cup.

luns, 30 xuñ 2003
Xa está todo listo para que dea comenzo un ano máis o Torneo Internacional de Fútbol Base, que nas horas previas á súa celebración xa empeza a rexistrar unha actividade frenética nas oficinas centrais, que a organización ten localizadas en Samil.

Comezou a competición para os preto de 200 equipos inscritos cos primeiros partidos da primeira fase, prolongándose ata as 16:00 horas. Despois todos eles se prepararán para a inauguración oficial, o luns 30 de xuño ás 19:30 horas no Campo de Samil onde se presentarán os equipos participantes deste torneo, entregaranse os trofeos Vide e amenizarase a tarde con diferentes actos, nos que se contará coa presencia de personalidades da política e do deporte, entre as que se encontra o xogador do Real Madrid Portillo.

Este torneo finalizará o sábado 5 de xullo coa disputa das finais, a entrega de premios e a clausura do evento estadio municipal de Balaídos. Os seus organizadores confían que un ano máis, a Vigo Cup sexa todo un éxito e un referente a nivel nacional.