Reunións do alcalde
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, entrevistouse con representantes da Asociación de comerciantes Zona Centro e da Federación de veciños "Eduardo Chao".
O alcalde, os concelleiros de Vías e Obras e Tráfico informaron os comerciantes de Zona Centro da situación das obras de humanización no contorno do Museo de Arte Contemporánea. O edil de Vías e Obras, Xavier Toba, sinalou a intención de minimizar os efectos que causa esta actuación para os residentes e comerciantes da zona e anunciou unha nova xuntanza na que se presentarán os proxectos do tramo superior de Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, dentro do proceso de humanización do contorno de Progreso.
O responsable de Vías e Obras quere que estas obras de humanización se realicen coa máxima celeridade, segundo o compromiso adquirido cos comerciantes, co fin de que no Nadal estean concluídas.
Descargar todas as imaxes
O responsable de Vías e Obras quere que estas obras de humanización se realicen coa máxima celeridade, segundo o compromiso adquirido cos comerciantes, co fin de que no Nadal estean concluídas.