Actos do alcalde
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, recibiu a consulesa de Uruguai nunha visita protocolaria e inaugurou o "I Salón da subcontratación industrial, servicios e subministros: Plataforma 2003" no recinto feiral de Cotogrande.
Mariño recibe a consulesa de Uruguai
O alcalde recibiu a consulesa de Uruguai Marta Echarte Baraibar nunha visita protocolaria de presentación na que o rexedor lle transmitiu o interese comercial de empresas viguesas en expandirse nese país. Pérez Mariño informouse tamén da situación da comunidade uruguaia na cidade.
Inauguración no Ifevi
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, inaugurou a primeira edición do "Salón da subcontratación industrial, servicios e subministros: Plataforma 2003" que dispón de máis de 50 expositores no recinto feiral de Cotogrande.
No acto de inaguración estiveron presentes, ademais do alcalde, a delegada provincial de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, Carmen Bianchi Valcarce, e o director xerente do Ifevi.
Nesta feira estarán representadas empresas de alto nivel configurando un verdadeiro escaparate do que se pode subcontratar ou proveer no sector industrial. Ademais, celebrarase unha xornada de seguridade laboral impartida polas firmas GTG Ingenieros e Scneider sobre o cumprimento das normas de acordo coas directivas europeas.
Descargar todas as imaxes