Escoitar

Comezan os actos da Semana do orgullo gay

O Concello de Vigo participa nos actos programados na Semana do orgullo gay. O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asistirá á xornada literaria que se celebra o mércores 25 de xuño ás 20:00 na librería Hades.

mércores, 25 xuñ 2003
O programa comeza coa lectura de poemas de escritores gais e lesbianas por parte de persoas do mundo da política e da cultura. Haberá unha banda de jazz que acompañará ás lecturas e amenizará o acto ademais dun viño e tapas variadas. Será un acto lúdico, distendido, cultural de confraternización.

O xoves 26 de xuño na Casa Galega da Cultura ás 20:00 actuará a compañía Teatro livre, que escenificará unhas pequenas pezas teatrais.

O venres 27 de xuño celebrarase unha mesa redonda co título "As parellas de feito na Galiza: ¿para cando unha lei?" na que participan Laura Seara e Pilar García Negro, ponentes no Parlamento de Galiza das leis presentadas polo PSOE e BNG respectivamente.

O sábado 28 o Día do orgullo haberá unha concentración ás 21:00 horas na porta do Marco. A continuación está prevista unha cea para a entrega dos premios Legais/Ilegais 2003 que se celebrará no restaurante do Marco ás 22:00 horas cun prezo de 20 euros. Os premiados deste ano coa distinción Legais son para Lilian Álvarez ex-concelleira de Turismo do Concello de Vigo; na súa persoa prémiase á pasada Corporación municipal) e para Roberto Cordovani (director e actor de teatro). Coa distinción Ilegais prémiase a J.M. Barroso, presidente da Asociación de Hostaleiros de Pontevedra, polas súas infames e infamantes declaración en torno ao roteiro gai de Legais.

Máis información