Escoitar

Calviño ordea a organización da zona de obras do parking de Urzaiz

O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transportes, Xulio Calviño, visitou as obras do parking de Urzaiz e afirmou que pretende que a empresa tome medidas de organización visibles para os cidadáns como a limpeza, a mellora do estado do firme ou a colocación de valados que delimiten as zonas de paso.

martes, 24 xuñ 2003
Os resultados dos informes quincenais presentaránselles á comisión de veciños do contorno de Urzaiz e estarán a disposición dos interesados na oficina de información da Xerencia de Urbanismo.

Xulio Calviño afirmou que a organización destas obras "era unha das primeiras cousas que queriamos facer debido ao grande impacto que supoñen por estar xusto no centro da cidade, con repercusión tanto para os peóns como para os vehículos co fin de mellorar a mobilidade urbana".

As medidas que se van tomar nos vindeiros días serán a limpeza da superficie, a mellora do estado do firme, a colocación de valados que delimiten as zonas de paso e a eliminación do estacionamento dos vehículos propios dos traballadores da empresa no interior do recinto de obras. Procederase tamén á reducción dos espacios ocupados polas casetas de obra en Manuel Núñez e pola maquinaria instalada, na medida do posible, para diminuír o impacto na circulación viaria.