O Concello autoriza a organización de 14 fogueiras de san Xoán
O Servicio de Bombeiros revisa as solicitudes presentadas para realizar as fogueiras de san Xoán co fin de que se cumplan os requisitos esixidos desde o Concello de Vigo.
A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados productos inflamables nin zona forestal no redor.
As normas establecen que o volume do material combustible da fogueira non deberá superar os 8 m de diámetro nin os 3 m de altura.
Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos e aceites e, en xeral, calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.
No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados ou asfaltados e pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm en toda a superficie da fogueira.
Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar, os responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.
É obrigatoria a presentación dunha póliza de responsabilidade civil polo importe de 6.010,00 €. En tódolos casos as persoas solicitantes serán responsables dos danos que poideran ocasionar a terceiros.
Relación de solicitudes recibidas na oficina de Bombeiros
-Avv Nosa Terra de Alcabre
-Avv As Fontes (Lavadores)
-Avcd Monte da Mina de Castrelos
-Avc Casco Vello
-Crac de Coruxo
-Acd Xestas (Bembrive)
-Avv A Paz (rúa Anduriña)
-Avv O Carballo de Sárdoma
-Acf Santa Isabel (Valadares)
-Scrd Nautilius (San Andrés de Comesaña)
-Avv Pontenovo-Freixeiro
-Avcd Candeán
-Avv Vila de Bouzas
-Vigo Natura (descoñécese se ten seguro)
-Cvc de Valadares