Agradecemento ó concelleiro Agustín Arca Fernández
A Comisión de Goberno, por unanimidade de tódolos seus membros, acordou na xuntanza celebrada esta mañá, trasmitirlle á familia do concelleiro desta Corporación D. Agustín Arca Fernández, a súa máis sincera condolencia e pesar polo falecemento, recoñecendo a inestimable dedicación e traballo que durante a súa época con responsabilidades en funcións públicas municipais fixo a favor da cidade de Vigo.
![1056371200arca.jpg 1056371200arca.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1056371200arca.jpg)
Como consecuencia do falecemento as bandeiras dos edificios públicos municipais ondearán a media asta durante un período de tres días.
Descargar todas as imaxes