Vigo súmase á Festa da Música
O Verbum, o auditorio do Conservatorio de Música e a concatedral Santa María serán os escenarios nos que se celebren concertos durante o sábado para desenvolver Festa da Música organizada por Xuventudes Musicais e patrocinada pola Concellería de Cultura.
Os concertos gratuítos serán ás 19.00 horas no Verbum a cargo do cuarteto de cordas "Cuarteto Ephimere"; ás 20:30 no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo haberá un concerto de guitarra de Margarita Escarpa e ás 21:30 horas o coro de cámara "Camerata ad Libitum" actuará na Concatedral de Santa María.
A Festa da Música celebrarase dende 1982 en moitos países do mundo e nas principais cidades de Europea como Berlín, Praga, París ou Barcelona e Vigo súmase a esta celebración. Os músicos que actuarán na nosa cidade representan, dentro da música clásica, ós solistas, ós grupos de cámara e as agrupacións más amplas.
O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez, manifestou o seu desexo de que esta Primeira Festa da Música de Vigo poida ter continuidade no futuro, ampliando a súa participación a músicos de todas as tendencias, xa sexan solistas ou participando en distintas agrupacións.