A Sala dos Peiraos acolle unha exposición sobre o deseño industrial
"Malas Artes: Prêt-â-porter" é o título da exposición que se amosa na Sala dos Peiraos e que organiza a Concellería de Cultura. A exposición que permanecerá aberta ata o 27 de xullo reflexiona sobre un campo moi achegado á realidade socioeconómica galega: o mundo do deseño téxtil.
Dez artistas presentes na exposición reflexionan dende os diversos campos que abrangue o téxtil: sobre a publicidade, as revistas de moda, os complementos, as teas e os corpos que cubren, os fíos, as agullas, os alfinetes, os botóns, a lá, os bordados, convírtense en materia plástica, en ferramentas de criación e reflexión. A roupa e o vestido adquiren un carácter singular, paradoxal, nuha lene fronteira entre o seu uso práctico e a súa radical impsibilidade para ser vestidos ou usados.
Son 10 artistas que neste caso resultan ser todas mozas Nuria Buján, Agar Fernández, Celeste Garrido, Marieta González, Celia Lago, Rebeca López, Andrea Pazos, Lorena Pita, Pilar Rodríguez e Sara Sapetti; expresión do balbordo creativo que se está a producir entre as mulleres galegas deste inicio do século XXI.
A exposición é a terceira da serie de seis exposicións propostas para a Sala dos Peiraos de Vigo artelladas todas elas ao redor do título de Malas Artes, baseanse nunha proposta específica e de tese que o comisario da mostra pretende investigar e analizar xunto cos artistas e o público en unha exposición que é debate e investigación.
O comisario Xosé Manuel Buxán Bran quere facer reflexionar á sociedade e aos artistas en torno ao deseño (textil ou de obxectos), en torno ás verbas como mundo de resoancias culturais; ao redor das máquinas e aos trebellos como materias plástica; entorno ao xénero e a identidade sexual que nos impregna e sobre a arquitectura que nos acolle. E quere dilucidar esas cuestións "de actualidade" coas respostas específicas dos artistas máis novos para confeccionar unha suma que é unha integración de discursos, que se convirte nun pano intelectual entretecido de respostas frescas e orixinais, tamén de preguntas que vencellan ineludiblemente á arte coa sociedade e coa política, co entorno e coa cultura.
Descargar todas as imaxes