Escoitar

O autobús turístico inicia o servicio de verán

Hoxe entrou en funcionamento o servicio do bus turístico que pon en marcha a concellería de Turismo e que durará ata o 26 de setembro. O bus realizará catro viaxes ó día comezando o seu primeiro itinerario ás 10.00 h. e rematará o seu último percorrido ás 20:30 h.

xoves, 26 xuñ 2003
Os catro itinerarios diarios que realiza o bus son os seguintes: 10h. a 11.56: de 12 a 13.56: de 16.30 a 18.26 e de 18.30 a 20.26h., con saídas dende a rúa García Olloqui, na oficina de información turística.

O prezo do billete para todo o día, con dereito a subir e baixar en calquera parada, ascende a 6 euros para adultos: 4,25 euros para nenos e nenas de entre 3 a 12 anos e para menores de 3 anos é gratuíto. Os billetes véndense no propio autobús.

Novo recorrido do servicio: García Olloqui; Praza de Compostela; Areal; Oporto; García Barbón; Policarpo Sanz; Porta do Sol; Alfonso XII; Romil; Cachamuíñas; Venezuela Gran Vía; Praza de España; Couto; Marqués de Alcedo; Manuel Olivié; Paseo de Rosalía de Castro; Manuel Olivié; Praza de España; Gran Vía Praza de América; Avenida de Castrelos; Circunvalación; Pontillón Finca da Marquesa; Avenida de Castrelos; Avenida de Balaídos; Manuel de Castro; Martín Echegaray; Avenida de Castelao; Avenida de Europa Samil; Alcabre; Avenida Atlántida; Camilo Veiga; Tomás Alonso (dirección Bouzas); Bouzas e Beiramar.